Saturday 04 de May de 2024

35 entidades participarán na área expositiva da IV Feira da Educación de Riveira


O evento contará con medio cento de actividades complementarias

Por cuarto ano consecutivo volve a Feira da Educación a Riveira e esta vez serán 35 as entidades que van participar no Auditorio nun certame que ten como principais obxectivos visibilizar o traballo que se están a realizar nos centros de ensino, ademais de academias privadas de formación, escolas municipais ou colectivos que teñen na aprendizaxe un dos seus piares.

A concelleira de Educación e Cultura Herminia Pouso, acompañada da responsable do Servizo de Normalización Lingüística Alicia Padín, compareceu esta mañá no Consistorio para explicar esta acción, que terá lugar do mércores 26 ao domingo 30 de abril en horarios de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. De mércores o venres, as sesións de mañá estarán reservadas para a visita dos alumnos dos centros docentes mentres que o resto da programación estará aberta ao público en xeral.

Ademais da parte expositiva (na montaxe dos stands estiveron a traballar usuarios do taller de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Riveira), a feira contará cun amplísimo programa de medio cento de actividades: concertos, obradoiros de ilustración con materiais naturais, talleres de robótica, proxección de curtas, unha charla sobre a adolescencia a cargo de Santiago Páramo, un monólogo de Quico Cadaval, cantarolas promovidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ou a exhibición dos produtos alimentarios marca Coroso elaborados no Departamento de Industrias Alimentarias do Centro Integrado de Formación Profesional están entre as propostas, ademais dunha inauguración oficial que terá lugar este mércores ás 12 do mediodía.

Programación

26 de abril, mércores

Que é un álbum ilustrado?
Relatora: Sonia García
Charla da autora de “Sementes”, editado por Xerais en 2017, sobre o proceso de creación dun álbum ilustrado
Hora: 10.00-11.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Alumnado de 5º e 6º de primaria

Visita guiada ás exposicións no Centro Cultural Lustres Rivas
“Maruja Mallo” (Biblioteca) e “O cangrexo verde” (sala de exposicións)
Hora: ás 10.00 h; ás 11.00 h; ás 12.00 h e ás 13.00 h
Lugar: Saída a pé do Auditorio e visita ao Centro Cultural Lustres Rivas
Todos os públicos (máx. 50 persoas por grupo)

Contacontos: Castelao e os nenos. Daniel Gómez Ramil
O profesor Daniel traerá o mundo de Castelao á nosa mocidade
Hora: 11.00-11.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Alumnado de 5º e 6º de primaria e ESO

Cociñando música. Capitán Garfo
Concerto pop infantil no que, de xeito lúdico, se aprende ao alumnado a teren unha dieta sa e equilibrada
Hora: 11.30-12.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Alumnado de 3º e 4º de primaria

Obradoiro de ilustración con materiais naturais. Sonia García
Horario: 11.00-12.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria

Obradoiro de ilustración con materiais naturais. Sonia García
Horario: 12.00-13.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria

Cociñamos sen lume. CPR A Milagrosa
Horario: 12.00-13.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 1º a 4º de primaria

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00 – 11.00 h
Dirixido a nenos e nenas de 3º e 4º de primaria
Hora: 11.00 – 12.00 h
Dirixido a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria
Hora: 12.00 – 13.00 h
Dirixido a mozos e mozas de 1º e 2º de ESO
Hora: 13.00 – 14.00 h
Dirixido a mozos e mozas de 4º ESO ou bacharelato

TARDE

O cine que facemos
Proxección continua das curtametraxes realizadas polo alumnado de Ribeira.
Hora: 17.00-19.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Visita guiada ás exposicións no Centro Cultural Lustres Rivas
“Maruja Mallo” (Biblioteca) e “O cangrexo verde” (sala de exposicións)
Hora: ás 19.00 h ou ás 20.00 h (seleccionar)
Lugar: Saída a pé do Auditorio e visita ao Centro Cultural Lustres Rivas
Todos os públicos (máx. 50 persoas)

Obradoiro creativo. Fernando Yáñez
O profesor Yáñez dá a coñecer a obra de Maruja Mallo, homenaxeada no Días das Artes Galegas, por medio da diversión e fomentando o traballo en grupo.
Hora: 18.00-19.30 h
Lugar: Rampla de acceso á planta superior do Auditorio
Dirixido a: nenos e nenas de primaria

Relatorio: Adolescencia crise e cambio, Santiago Páramo Aller.
Relatorio do pedagogo ribeirense no que dará as claves sobre a adolescencia.
Hora: 20.00 h
Lugar: Planta superior do Auditorio
Todos os públicos

27 de abril, xoves.

Visita guiada ás exposicións no Centro Cultural Lustres Rivas
“Maruja Mallo” (Biblioteca) e “O cangrexo verde” (sala de exposicións)
Hora: ás 10.00 h; ás 11.00 h; ás 12.00 h ou ás 13.00 h (seleccionar)
Lugar: Saída a pé do Auditorio e visita ao Centro Cultural Lustres Rivas
Todos os públicos

Seitura “O espantallo”. Corpo de baile tradicional do CPR Bayón
Obra homenaxe ao espantallo que coida das nosas leiras.
Hora: 11.00-11.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria e ESO

Cantarolas para a xente miúda. Suso e Senén Vaamonde
Promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística
Concerto infantil de música tradicional baseado na obra de Neira Vilas
Hora: 11.30-12.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria

Selfie cos Friends. Club Creativo. ANPA do CPR A Milagrosa
Horario: 11.00-12.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria (máx. 20 persoas)

Obradoiro de artes plásticas. “Southwerstern American Art”. Dorothy Finney. CEIPP O Grupo
Horario: 11.30-12.30 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de primaria

Contacontos: “Emociónate con nós”. Alumnado do CEEPR AMICOS
Horario: 12.30-13.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de infantil e 1º de primaria

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

TARDE

Actividade lúdico formativa. “Separemos ben, reciclaremos mellor” Promovida por SOGAMA
Data: 27 de abril
Hora: de 17.00 a 18.30 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiro creativo. Fernando Yáñez
O profesor Yáñez dá a coñecer a obra de Maruja Mallo, homenaxeada no Días das Artes Galegas, por medio da diversión e fomentando o traballo en grupo.
Hora: 18.00-19.30 h
Lugar: Rampla de acceso á planta superior do Auditorio
Dirixido a: nenos e nenas de primaria (máx. 25 persoas)

Concerto do alumnado do Conservatorio Municipal
O Auditorio acollerá un concerto do alumnado do Conservatorio no que gozaremos das delicias da música da man dos máis novos, o futuro.
Hora: 18.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Presentación do poemario “Silencio…” de Xabier López Marqués
Hora: 20.00 h
Lugar: Planta superior do Auditorio
Todos os públicos

28 de abril, venres

“Coñecemos o noso contorno próximo”
Hora: 10.00-10.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Sandra Fernández, técnica de Turismo fai un percorrido polos fitos paisaxísticos e patrimoniais do Concello
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato

A música e a danza. CPR A Milagrosa
Coreografía contemporánea do alumnado de Coreografía e Música de ESO
Hora: 10.30-10.45 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato

Monólogo de Quico Cadaval.
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato

Presentación “A diversidade como valor nunha comunidade inclusiva”. Mari Carmen González Hermo, psicóloga. Asociación AMBAR
Hora: 12.00-13.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato

“Os sabores de marca Coroso”. Presentación dos produtos alimentarios elaborados no Departamento de Industrias Alimentarias do CIFP Coroso
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiro creativo. Fernando Yáñez
O profesor Yáñez dá a coñecer a obra de Maruja Mallo, homenaxeada no Días das Artes Galegas, por medio da diversión e fomentando o traballo en grupo.
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: Rampla de acceso á planta superior do Auditorio
Dirixido a nenos e nenas de primaria (máx. 25 persoas)

Exhibición de robótica. Alumnado do IES Leliadoura
Hora: 12.00-14.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

TARDE

Aula aberta de danza da Escola Municipal de Ballet
Hora: 17.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

MESA.
A educación que queremos. CPR Galaxia
Os profesores Ana Caamaño e Fernando Yáñez presentarán as grandes preguntas que o seu alumnado responde. Estrea da curtametraxe realizada polo alumnado do CPR Galaxia “Mesa”
Horario: 19.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

29 de abril, sábado

Descubrindo soñar cos pés. Día Internacional da Danza
Proxección de gravacións de grandes momentos históricos da danza
Hora: 10.00-12.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

Representación dun libro en inglés e Arts & Crafts. Academia Lenar
Contacontos en inglés e obradoiro de manualidades
Hora: 11.00-12.00
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Público infantil e familiar

Descubrindo soñar cos pés. Día Internacional da Danza
Carla Riande Pérez
A profesora realizará unha pequena mostra danza en homenaxe á arte do movemento.
Horario: 12.00-12.15 h
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Contacontos: Maruja Mallo, metade anxo e metade marisco (programa Ler Conta Moito). Polo Correo do Vento
Contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 12 anos no que poderán gozar coa preciosa vida dunha artista excepcional: Maruja Mallo
Horario: 12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Público infantil e familiar.

Aula aberta de árabe para nenos e nenas
Programa de dinamización e promoción social
Horario: 11.00-12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Público infantil e familiar

30 de abril, domingo

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

TARDE

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

Pés de La. Obradoiro de baile tradicional impartido por Montse Rivera
A famosa cantante do grupo Leilía trae á Feira da Educación un obradoiro aberto e dirixido a todas a idades no que aprender, ou recordar, os bailes tradicionais nun ambiente festivo.
Data: domingo, 30 de abril
Hora: 17.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Todos os públicos

Os Monifates. Concerto didáctico de música tradicional
Como colofón da Feira estes músicos de Riveira ofrecen un concerto de música tradicional, ao que acompañan uns fermosos monicreques que fan as delicias dos máis pequenos.
Hora: 19.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Todos os públicos